Benvida

Malia que a análise da desigualdade, da pobreza e da exclusión social veña experimentando un  importante pulo nos últimos anos, aínda quedan importantes cuestións abertas que precisan ser estudadas, de tal xeito que as sociedades modernas sexan capaces de manteren un nivel desexable de cohesión social.
 
EQUALITAS é un grupo de investigadores e investigadoras cun interese particular na análise da desigualdade e da pobreza, entendidas nun senso amplo, abranguendo as discusións teóricas de relevantes aspectos da súa medición, así como estudos empíricos sobre a distribución da renda en diversos países, a avaliación de políticas sociais e laborais, ou o estudo da equidade no mercado de traballo, entre outros temas.
 
O grupo pretende producir un importante coñecemento no seu ámbito mediante o estímulo dunha investigación de calidade, organizando actividades tales como seminarios ou xuntanzas internacionais, formando novos investigadores/as e divulgando os máis recentes resultados nunha ampla comunidade científica e política.
 
Os seus membros están vinculados a unha variedade de universidades españolas, e  actualmente forman parte dun proxecto de investigación coordinado que é financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.